Xoves 13 de febreiro de 2020

MAÑÁN
10:00 APERTURA

Apertura das instalacións para a visita dos stands.

10:00 - 13:30 OBRADOIRO DEMOSTRACIÓN DE TEXTIL, CONFECCIÓN E MODA.

A cargo do alumnado 2º CM Confección e Moda CEIP Manuel Antonio. A profesora responsable é Raquel Álvarez. Realizaranse técnicas de confección, origami, tintura de prendas. Mostraxe de mobles tapizados e de prendas elaboradas polo alumnado (no seu stand).

10:15 - 11:00 CHARLA "AXENDA 2030. EMERXENCIA CLIMÁTICA” (Sala A)

Interveñen:

Luisa Márquez Rodríguez, Coordinadora estatal da Rede de Escolas Asociadas da Unesco

María Jesús Enguidanos Floreani, Coordinadora para Galicia da Rede de Escolas Asociadas da UNESCO

10:15 - 11:00 RRREATOMO (Reducir, Reutilizar, Reciclar).Traballando contidos de Física e Química "VIAXE POLO INTERIOR DA MATERIA” (Sala B)

Mary C. Sánchez, Profesora de Matemáticas e FQ con alumnado de 2° ESO do Colexio Eduardo Pondal de Cangas

11:00 - 11:45 CHARLA: "EMPREGO GALICIA: AS POLÍTICAS ACTIVAS DE EMPREGO AO SERVIZO DE PERSOAS E EMPRESAS”. (Sala B)

Imparte: Teresa Bernal Cortegoso, Xefe de Servizo de Intermediación da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral. Xunta de Galicia

11:00 - 12:00 CHARLA: "FORMANDO ADESTRADORES DENDE 1949". (Sala A)

A cargo de Iván Cancela, Presidente do Comité Galego de Adestradores de Fútbol, Director da Escola de Adestradores e Seleccionador Galego UEFA Rexións. Fed. Galega de Fútbol

11:00 - 12:30 CHARLAS DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA.

  • Seminario 1. Enxenaría e Arquitectura:
  • E.S. Enxenaría Informática (Campus Ourense), E. Enxenaría de Minas e Enerxía (Campus Vigo), Oferta e Servizos da Universidade da Coruña
  • Seminario 2. Ciencias Sociais e Xurídicas:
  • Facultade CC. Xurídicas e do Traballo (Campus Vigo), Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (C)ampus Vigo), Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo (Campus Ourense)
  • Seminario 3. Artes e Humanidades:
  • Oferta e Servizos da Universidade de Vigo, Facultade de Historia (Campus Ourense), Facultade de Belas Artes (Campus Pontevedra)

De mañán - OBRADOIRO: MAQUILLAXE DE CARACTERIZACIÓN

Escola de Imaxe e Son de Vigo (no seu stand)

TARDE
16:00 - 19:30 OBRADOIRO DEMOSTRACIÓN DE PANADARÍA E PASTELARÍA

A cargo do alumnado de CM Panadaría, Repostaría e Confeitaría. O profesorado responsable, Lucho Tizado. Realizaranse demostracións de técnicas de panadaría e montaxe pequena pastelaría: Mini tartas de mazán, Mini croisants, Mini pezas de bolaría hoxaldrada rechea, Empanadas variadas, Rocas de chocolate, Surtidos de galletas, Bicas, Surtido de pans. Mostraxe de paquetería e tartas decoradas.

16:30 Visita a EDUGAL

Do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde López, e do Director Xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal Espido

18:30 - 19:00 CONCERTO BRASS BAND. (Sala A)

A cargo do CMUS Manuel Quiroga.

* O programa non está pechado e pode sufrir variacións.